Residencia de Maiores
Ordes conta cunha residencia de titularidade municipal cuxa xestión esta encomendada á empresa Servisenior (FESAN).
Conta con 49 prazas para persoas válidas e asistidas, repartidas en 22 habitacións dobres, 3 individuais e área de enfermería, as cales dispoñen de TV, baño propio, armarios individuais...

Parella de maiores na residencia de Ordes
Os servizos prestados pola residencia son:
Servizos básicos:
- Manutención
- Apoio en AVD as 24h do día
- Servizo de atención sanitaria (médica e de enfermería)
- Servizo de fisioterapia e rehabilitación menor
- Servizo de animación sociocultural
- Servizo de lavandería
- Servizo relixioso
Servizos complementarios:
-
En función das patoloxías de cada usuario ou usuaria, podoloxía, perruquería, traslado e acompañamento a citas médicas, consultas de especialistas…
O prezo no ano 2025 é de 1025,71 € mensuais para residentes válidos, e 1791,67€ para residentes asistidos, os cales inclúen todos os servizos, tanto asistenciais como complementarios, agás os servizos de podoloxía, perruquería e acompañamento a citas médicas que se cobrarán a parte.
o prezo increméntase cada ano segundo a variación do IPC correspondente ao período comprendido entre os meses de decembro / decembro do ano anterior.
Para máis información, non dubide en contactar con nós no teléfono 981682702.