Radio Ordes
Radio Ordes é unha emisora de ámbito local e comarcal que comezou a súa emisión na frecuencia 107.3 o 2 de xaneiro do ano 1995. Conta cunha programación propia de luns a venres en horario de 7 a 12.
Actualmente Radio Ordes, coa posta en marcha da súa páxina web e da retransmisión por internet, xa non ten fronteiras, conseguindo mellorar nos servizos que presta e no contacto directo que mantén cos seus oíntes. Deste xeito aspiramos a ser un referente xa non só na comarca, senón para todos eses veciños e veciñas que un día tiveron que partir en busca dun mellor futuro cara a outras terras. Agardamos que co noso labor agora sexamos nós quen lles acheguemos un anaco da súa terra, contándolles o día a día de Ordes e dos concellos veciños.
Dende Radio Ordes queremos darlles as grazas a todos os veciños e veciñas que fan posible esta radio estando a carón do transistor. Grazas tamén ao noso equipo de goberno por traballar connosco na procura dun servizo útil e de calidade.