Composicion

Conselleiros/as do CEM:

  • O/A presidente/a do CEM.
  • Vogais, que se agrupan nos seguintes sectores:
    1. Sector docente:
      Sete profesores/as dos niveis educativos correspondentes ao ámbito do ensino non universitario de Galicia propostos polos sindicatos ou asociacións profesionais educativas, proporcionalmente á representación obtida nas eleccións sindicais do sector docente, no municipio.
    2. Sector de usuarios/as do Sistema Educativo:
      • Catro pais ou nais de alumnos/as propostos pola federación de asociacións de nais e pais de alumnos/as de centros públicos que actúe no municipio e estean legalmente constituídas, segundo a súa representatividade.
        Esta representatividade estará en función do número de centros que agrupe.
      • Tres alumnos/as elixidos/as polos representantes dos alumnos/as nos consellos escolares dos centros existentes no municipio.
    3. Os sete directores dos centros educativos deste Municipio (IES nº 1, IES nº 2, CEIP Castelao, CEIP Campomaior, CEIP Mesón do Vento, Director/a Escola Unitaria de Montaos, Director/a Escola Unitaria de Merelle).
      • Un funcionario/a público nomeado pola Administración educativa da Xunta de Galicia.
      • O Secretario do CEM.

Competencias

  1. O CEM será consultado preceptivamente polo órgano municipal competente ou pola Administración educativa, con carácter previo á toma dos acordos, nas seguintes cuestións:
    • Convenios e acordos de colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou calquera outra administración pública, que afecten ao ensino dentro do ámbito municipal.
    • Actuacións e normas municipais que afecten aos servizos educativos complementarios e extra-escolares con incidencia no funcionamento dos centros docentes, tales como transporte escolar, comedores, servizos de limpeza e conservación.
    • Actuacións e normas municipais que afecten ou favorezan a ocupación real das prazas escolares coa finalidade de mellorar o rendemento educativo e, de ser o caso, facer efectiva a obrigatoriedade do ensino.
    • Localizacións dos centros docentes dentro da demarcación municipal.
    • Prioridade nos programas e actuacións municipais que afecten á conservación, vixilancia e mantemento axeitado dos centros docentes, de acordo coas competencias que a lexislación lles outorgue aos concellos en cada momento e especial atención á supresión de barreiras arquitectónicas.
    • Fomento de actividades que tendan a mellorar a calidade educativa, a renovación pedagóxica, os principios da escola activa e a integración escolar, especialmente no que respecta á adaptación da programación ao medio, para chegar a unha escola democrática, científica, libre, galega e non discriminatoria.
    • Competencias educativas que afecten ao ensino non universitario e que a lexislación lles outorgue aos municipios.
    • Programación de investimentos en materia educativa.
    • Calquera outro asunto de importancia para a vida escolar do Concello.
  2. Sen prexuízo dos informes preceptivos sobre as materias recollidas no parágrafo primeiro, o CEM poderá elevar á Administración educativa ou ao Concello informes ou propostas para o mellor funcionamento do sistema educativo e en especial sobre as seguintes materias:
    • Distribución de alumnos a efectos de escolarización, tendo en conta a normativa vixente ao caso.
    • Constitución de padroados, institutos municipais ou entes similares relativos á educación.
    • Cuestións relativas á promoción e extensión educativa.
    • Adaptación do calendario escolar ás necesidades e características socioeconómicas dos núcleos de poboación do municipio.

      ​A estes efectos, as propostas presentadas polos conselleiros deberán ser motivadas e precisas e presentaranse por escrito á Presidencia do CEM, quen decidirá sobre a súa tramitación.
  3. Aos efectos dun eficaz desenvolvemento das súas competencias, o CEM poderá solicitar información da Administración educativa e das autoridades locais sobre calquera materia relacionada coa educación no ámbito municipal e, especialmente, sobre o rendemento escolar.
  4. O alcalde ou concelleiro delegado na área de  educación poderán someter á consulta do CEM calquera outra cuestión non comprendida no parágrafo 1 do presente artigo e que estean relacionadas coa natureza co CEM.

Arquivo