ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL SORRISOS
PRESENTACIÓN
A Escola Infantil Municipal, (EIM) “Sorrisos”, é un recurso de carácter municipal que comeza a súa andaina no curso 2006-2007.
O centro é un servizo educativo para a atención á infancia, que nace do dereito d@ nen@ á educación e ó desenvolvemento integral da súa personalidade, nun ambiente axeitado ás súas necesidades, en condicións de igualdade, liberdade e dignidade e en contacto con outr@s nen@s.
É un servizo especializado de ámbito local, público e social:
- Especializado porque dispón dun equipamento técnico e material específico para atender á poboación infantil
- Público porque a titularidade é do Concello de Ordes
- Social porque pretende ser un apoio ás familias do concello que teñen que facer frente ó mercado de traballo coa dificultade engadida de estar ó coidado de menores, priorizando aquelas que se atopan en situación de desventaxe social.
PERSOAL
- EDUCADORAS:
- Salomé Suárez Rodríguez
- Luz González Rodríguez
- Olga Mª Sande Couselo
- Alba Noya Juncal
- Mª Teresa Iglesias Leis
- Tania Souto Boquete
- AUXILIARES:
- Mª Isabel Areoso Rodríguez
- Mª Carmen Iglesias Campos
- COCIÑA:
- Mª Isabel Viqueira Noya
- LIMPEZA:
- Florinda Viqueira Vázquez
ENDEREZO
Escola Infantil Municipal Sorrisos.
Polígono Industrial de Merelle, parcelas 51-52 ( O lado do Parque de Bombeiros).
15680 Ordes.
IDEARIO
O ideario da escola é a nosa forma particular de entender e facer a educación infantil. Son os obxectivos que nos propoñemos como escola.Así pois na nosa escola plantexámonos os seguintes obxectivos xerais:
- Promover e fomentar o desenvolvemento físico, intelectual, afectivo, social e moral d@s nen@s.
- Servir de medida de apoio á unidade de convivencia e facilitar, polo tanto, a conciliación da vida familiar e laboral.
Ademais, plantexámonos os seguintes obxectivos específicos:
- Facilitar o desevolvemento n@s nen@s con respecto ás seguintes capacidades, valores e actitudes:
- Coñecemento do seu corpo e posibilidades de acción.
- Favorecer as relacións cos demais a través de distintas formas de expresión e comunicación.
- Observar e explorar o seu entorno natural, familiar e social.
- Fomentar valores individuais e sociais básicos: igualdade de oportunidades, comprensión, tolerancia, solidaridade, coeducación, integración e respeto ós demáis, cooperación, respeto ó entorno próximo, educación para a paz, etc.
- Coñecemento do seu corpo e posibilidades de acción.
- Promover a comunicación e a participación activa da comunidade e a familia na escola.
- Prestar especial atención á diversidade d@s alumn@s, respetando as diferencias que existen entre eles, tanto físicas e intelectuais como culturais, facilitando a súa integración.
- Facilitar a correcta adaptación para a futura incorporación á escola. A lingua utilizada na escola será a lingua materna d@s nen@s, promovendo o uso da lingua galega.
CARACTERÍSTICAS DA ESCOLA
INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS
Esta escola pretende ser unha axuda ás familias para conciliar a vida laboral e familiar e tamén un apoio no coidado e educación dos/as nenos/as dende as primeiras idades tratando de desenvolver harmónicamente todas as súas capacidades.
O centro dispón de 74 prazas destinadas ó Primeiro Ciclo de Educación Infantil (de 0 a 3 anos ) e conta con 5 unidades distribuidas da seguinte maneira:
- Unidade de 0-1 anos
- Aula 1: 8 nenos/as
- Unidades de 1-2 anos
- Aula 1: 13 nenos/as
- Aula 2: 13 nenos/as
- Unidades 2-3 anos
- Aula 1: 20 nenos/as
- Aula 2: 20 nenos/as
Enderezo: A escola ubícase no Polígono Industrial de Merelle, parcelas 51-52 (ó lado do Parque de Bombeiros)
Horario: O horario de funcionamento é de 14 horas diarias, de luns a venres, de 7:00 a 21:00 h.
SERVIZOS QUE OFRECE
A escola ofrece un servizo cunha función tanto social de axuda ó medio familiar (conciliación da vida familiar e laboral) e unha función educativa, xa que o traballo na escola permitirá desenvolver as capacidades d@s nen@s, nos ámbitos físico, intelectual, afectivo, social e moral.
- Atención educativa.
- Servizo de comedor (almorzo, xantar e merenda).
Este servizo, prestado por persoal da propia escola, inclúe almorzo, xantar e merenda. No tablón de anuncios exporase semanalmente a relación dos menús previstos, os cales proporcionan unha dieta equilibrada e axeitada ás idades d@s nen@s. Estes menús están confeccionados tomando como referencia as recomendacións dos profesionais da Pediatría Rafael Tojo Sierra (Catedrático de Pediatría – Hospital Clínico Universitario. Universidade de Santiago de Compostela) e Rosaura Leis Trabazo (Profesora Titular de Pediatría – Hospital Clínico Universitario. Universidade de Santiago de Compostela) na súa publicación Menús saudables no comedor escolar (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria – Xunta de Galicia). - Horario Amplo
Refírese á atención @s nen@s por parte da escola durante ata 10 horas diarias ininterrompidas. Non obstante, evitarase por parte de tod@s que @ nen@ prolongue a súa estadía no centro máis de 8 horas diarias, agás que circunstancias excepcionais, que deberán en todo caso xustificarse, o determinen. - “Escola Infantil de verán” nos meses de Xullo e Agosto.
- Dispón de unha sala de xogos interior e un patio exterior para que os máis cativ@s poidan xogar e disfrutar.
ACTIVIDADES
Éstas son algunhas das actividades que realizaremos nas tardes de MAIO e XUÑO:
- Os luns: ANIMACIÓN Á LECTURA: Contaremos divertidos contos e realizaremos diferentes actividades sobre as súas personaxes e as súas historias: puzzles, figuras con globos, títeres, disfraces...
- Os martes: INGLÉS: Coñeceremos á mascota Robby, cantaremos cancións: “Hello”, “Bye-bye” “My red ball”, faremos xogos, etc.
- Os mércores: MÚSICA: Cancións, Danzas do mundo, Instrumentos, Audicións: “O Carnaval dos Animais”, faremos unha orquestra, etc
- Os xoves: MANUALIDADES: Unha culebriña con vasos de iogur, barquiños con cáscaras de noces, bolos, as plumas dos Indios, Etc.
- Os venres: XOGOS: Con aros, con pelotas, con follas de xornais, con sillas, “xogamos as ser cociñeir@s”, faremos unha Xinkana, “xogamos a ser indi@s”, faremos unha feira recreativa…
COTAS
O prezo por asistencia é de 160 euros/mes (8 horas/día) ou 80 euros/mes (4 horas/día).
Os prezos por servicios complementarios son:
- Comedor: 70 €/mes ou 4 € dias soltos
- Almorzo e merenda:2 €/día/servizo
- Escola infantil de Verán (durante os meses de xullo e agosto ofertaranse as prazas que estean vacantes nese momento)
- Horas extraordinarias de carácter excepcional: 20 €
Estes prezos poden verse modificados á baixa dependendo da Renda per Cápita da familia.
Ademais, sobre o prezo que resulta de aplicar as reduccións do punto anterior, segundo as circunstancias familiares aplicaranse os seguintes descontos, que non son acumulables entre si:
- Nenos/as pertencentes a familias, desconto dun 20%.
- Nenos/as pertencentes a familias monoparentais, desconto dun 20%.
- Cando asistan varios irmáns, o segundo e sucesivos erán un desconto do 20%.
INSCRICIÓN
Para solicitar praza, deberán cumprimentar o impreso de solicitude (DESCARGAR IMPRESO) que poden recoller na propia escola ou no concello, e acompañalo da seguinte documentación:
- Fotocopia cotexada do documento nacional de identidade da nai, pai e, se é o caso, dos representantes legais.
- Fotocopia cotexada do libro de familia, no seu defecto outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.
- Certificado de empadroamento da unidade familiar.(aportarase de oficio para os empadroados neste Concello).
- Xustificante de ingresos: poderán asinar unha autorización de consulta dos datos económicos familiares na Axencia Tributario ou ben presentar:
- xustificante da declaración do irpf das persoas físicas da unidade familiar en caso de declaracións individuais, copia de cada persoa da unidade familiar obrigada a declarar.; certificado do inem do/da pai/nai no caso de estar en desemprego
- certificado do inem do/da pai/nai de prestacións
- copia de certificados de pensións de membros da unidade familiar (se procede) ou calquera outra documentación na que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuables no baremo.
- Xustificante de situación laboral:
- Para desempregados: tarxeta de demante de emprego
- Para empregados: copia da última nómina ou recibo de pago de autónomos.
- Certificado de minusvalías alegadas polos membros da unidade familiar, só no caso de que non sexa expedido pola comunidade autónoma de galicia.
- Certificado médico no caso de enfermidades crónicas ou outras afeccións alegadas polos membros da unidade familiar.
- Informe do equipo de valoración e orientación das delegacións provinciais da vicepresidencia da igualdade e do benestar, servizos especializados de atención temperá da administración local ou autonómica, ou órganos competentes na materia na administración do estado ou nas correspondentes comunidades autónomas, sobre a necesidade de integración no caso de nenos con discapacidades.
- Documentación acreditativa de incidencias tales como separación do cónxuxe, abandono do fogar, maltrato, etc.
- Informe dos servizos sociais do concello correspondente, no suposto de que sexa necesario por falla de acreditación documental suficiente ou por situacións especiais en que viva a unidade familiar.
As solicitudes deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello en horario de oficina (9:00-14:00 h). De luns a venres.