O polígono industrial de Ordes está ubicado en Merelle e foi aprobado definitivamente mediante un Plan Parcial pola Comisión Provincial de Urbanismo en data de 18/11/1993 e cun prazo de 5 anos para a súa execución en 3 fases.

O polígono ten á disposición do tecido industrial e comercial do municipio máis de 300.000 m2 de superficie neta, e que se atopan na actualidade totalmente vendidas.

O polígono de Ordes executouse en 3 fases, a primeira inaugurada no ano 1997 e as restantes no  2004.

En total suman 293.000 metros cadrados, dos que 217.000 metros son de uso industrial, repartidos en 113 parcelas.

As parcelas teñen unha superficie de 396 a 1.000 metros cadrados, de 1.000 a 3.000 metros cadrados ou de más de 3.000 metros cadrados, xa que existe a posibilidade de agrupar e segregar parcelas.

Os accesos o polígono son a través da carretera N-550 ou pola nova Ronda Leste que o conecta coa Autopista do Atlántico AP-9 en apenas 5 km .

OUTUBRO 2018: VENDIDAS TODAS AS PARCELAS DO POLÍGONO EMPRESARIAL DE ORDES