Autoemprego-Emprendedores
O Servizo de emprego e desenvolvemento local leva a cabo dentro do seu labor actuacións dirixidas a sensibilizar a todos os sectores de poboación na idea do autoemprego e a creación de empresas como opción para definir o seu futuro laboral.
Doutra banda, realízanse accións dirixidas a apoiar e formar a persoas emprendedoras para simplificar todas as dificultades que se atopan no proceso de creación de empresas, a través de titorías personalizadas e formación a medida para a realización do seu plan de empresa.
Asesoramento e titorización a emprendedores/as.
Programa de apoio a persoas emprendedoras que queren poñer en marcha un proxecto empresarial.