Qué son?

Os Servizos Sociais de Atención Primaria son aqueles que realizan unha acción social globalizadora e polivalente, dirixidos ao conxunto da poboación da comarca de Ordes e que teñen por obxecto promover e posibilitar o desenvolvemento do benestar social de toda a cidadanía. Son prestados por equipos interdisciplinarios dependentes dos concellos e da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes.

 

Programas

Os programas básicos de actuación que se desenvolven na atención primaria son:

  • Programa de orientación, asesoramento e información
  • Programa de axuda no fogar
  • Programa de inserción social
  • Programa de animación, prevención e cooperación social
  • Programa de convivencia alternativa

 

Ámbitos de actuación

  1. Terceira idade
  2. Muller
  3. Inmigración
  4. Familia, infancia e mocidade
  5. Inclusión social
  6. Discapacidade
  7. Dependencia

Máis Información

Servizos Sociais