spacer
Proxectos Cultura

A oferta cultural do Concello de Ordes estrutúrase en base a cinco proxectos fundamentais

Os sendeiros da cultura

Esta proposta cultural podemos dividila en dúas iniciativas. Por unha banda recollemos as actividades anuais nas que intentamos, na medida das nosas posibilidades, que os veciños e veciñas de Ordes poidan  gozar de diversas actividades durante todo o ano, como debuxo e pintura, obradoiros de artesanía, bailes de salón, baile moderno, baile en liña etc. Por outro lado, está o circuíto cultural, cunha duración máis curta como pode ser de tipo mensual, bimensual ou trimestral e no que poñemos en marcha cursos lúdicos -formativos, abarcando diversas temáticas: cursos de informática, cociña temática, iniciarse no mundo dos fogóns para nenos e nenas, danza oriental, poda, fotografía etc.

Eventos temáticos

Este programa engloba os diversos eventos que se realizarán ao longo do ano e que soen estar vinculados a datas significativas para o pobo como: Nadal, o Entroido, as Letras Galegas, Lacón con Grelos, ExpoOrdes e Champiñón, Magosto etc.

Unha viaxe pola cultura

Esta  iniciativa ten unha duración aproximada de quince días e consiste en actividades diversas como: teatro, monicreques, maxia, concertos, clown, obradoiros, Día do Neno/a, cine etc. Todas estas actividades realizaranse  na rúa salvo en caso de choiva, que buscamos un lugar alternativo, habitualmente soe ser o auditorio da Casa da Cultura ou un pavillón.

Entre letras anda o conto

Dentro deste programa están recollidas todas as propostas encamiñadas a fomentar a animación á lectura entre os máis pequenos. Na actualidade estamos a organizar as Tardes de contos e lendas,  que se trata dun programa de animación á lectura para nenos e nenas de 3 a 12 anos, que consiste  nunha sesión ao mes de contacontos na Biblioteca Municipal do Concello.

Departamento de animación

Este proxecto engloba as actividades de oficina, é dicir, tramitación e xustificación de subvencións, deseño e aplicación de proxectos de animación cultural, orientación, asesoramento e apoio ás asociacións e entidades culturais, contacto coas empresas, compañías e grupos de animación etc.

Proxectos Cultura

Grupo de teatro A Catorce

Espazos ou instalacións culturais coas que conta o Concello de Ordes

  • Departamento de cultura
  • Casa da Cultura
  • Mostra do Traxe Juanjo Linares
  • Locais sociais polas parroquias (Ardemil, Barbeiros, Beán, Buscás, Fosado, Leira, Mercurín, O Mesón do Vento, Santa Cruz de Montaos, Parada, Pereira, Poulo, Vilamaior e Vilasenín)
  • Local Cultural

Máis Información

Departamento de Cultura