Formación

O concello realiza accións formativas en distintos campos de profesionais, destinadas a mellorar a cualificación profesional mediante Cursos de Formación para o Emprego.

Sistema de Formación Profesional

Comprende o conxunto de ensinanzas que capacitan para o desenvolvemento de profesións.
Existen tres tipos de oferta de formación profesional: regrada, ocupacional e continua.

  1. Formación profesional regrada: Ofrece unha especialización e coñecemento práctico respecto ao mundo laboral. Organízase en ciclos formativos:
    • Ciclos formativos de grao medio: Cursando este ciclo obtense o Título de Técnico na materia cursada.
    • Ciclos formativos de grao superior: Cursando este ciclo obtense o Título de Técnico Superior.
  2. Formación profesional ocupacional: É a oferta formativa non regrada dirixida a desempregados/as principalmente, creada para potenciar a inserción e reinserción profesional. Realizada por entidades colaboradoras e financiadas polo Fondo Social Europeo, Servizo Público de Emprego Estatal e o SEF.
  3. Formación profesional continua: É formación non regrada dirixida á poboación que xa exerce unha actividade no mundo laboral.

Enlace de interese: http://traballo.xunta.es/

Formación para desempregados/as:

Cursos dirixidos a traballadores/as desempregados/as.

Dende esta sección ten acceso ao buscador de cursos do plan AFD (dirixidos a  desempregados/as inscritos/as no paro) e ao buscador de cursos cofinanciados polo Fondo Social Europeo (dirixidos tanto a desempregados/as coma a ocupados/as)

  • Buscador de cursos AFD
  • Formación ocupados

Enlace de interese: http://traballo.xunta.es/cursos-dirixidos-a-traballadores-desempregados

Cursos dirixidos a traballadores/as ocupados/as

Contratos Programa

Os contratos programa teñen como finalidade tanto a mellora das competencias e cualificacións como a actualización e especialización profesional das persoas traballadoras ocupadas, calquera que sexa o sector ou rama de actividade na que a traballadora ou traballador presta os seus servizos.

Os contratos programa poden ser de carácter sectorial ou intersectorial.

Fondo Social Europeo Ocupados

Programación FSE OCUPADOS 2011 por provincias

Enlace de interese: Plans de Formación Intersectoriais e Sectoriais 2010-2011​

Busco formación:

Máis Información

Departamento de Emprego