I SAN SILVESTRE CONCELLO DE ORDES
Esta mañá o Concello de Ordes celebrou a súa I carreira San Silvestre, na que o número de persoas inscritas entre todas as categorías achegouse ás 550. Tanto o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, como o seu equipo de goberno acudiron á cita na que non deixaron de botar unha man en moitas das tarefas organizativas. Ana Soneira, edila de Deportes, foi a encargada de dar o pistoletazo de saída.