Recepción ao Club de Taekwondo Boudsport
O alcalde e a concelleira de Deportes felicitaron aos participantes do último Campionato de España de Clubs 2017, onde acadaron 8 medallas
Esta mañá o Club de Taekwondo Boudsport foi merecedor dun recoñecemento especial no Concello de Ordes por parte do alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, e a concelleira de Deportes, Ana Soneira.
Ambos dirixentes felicitaron a deportistas, adestradores, cadro técnico e membros da Asociación Deportiva de Taekwondistas da Comarca de Ordes polos bos resultados acadados no Campionato de España de Clubs 2017, o cal tivo lugar en Castelló os pasados 8, 9 e 10 de decembro. Unha competicón que xuntou a máis de 3.300 deportistas de toda España e da que regresaron cun total de oito metais. Concretamente estes foron os nomes propios que subiron ao podio:
Campioa de España Precadete
Ainara Loureiro López (Precadete).
Subcampións de España
Mateo Boudjenane Liñares (Precadete).
Cristóbal Boudjenane Núñez (Máster).
Álvaro Regueiro Caamaño (Júnior).
Uxía Castro Rodríguez (Precadete).
Bronces nacionais
Carla Diéguez Veiras (Cadete).
Abril Viqueira Pose (Precadete).
Daniel Botana Beis (Precadete).
Ademais, tamén se aproveitou a ocasión para recoñecer o novo logro de Rodrigo Varela Mirás, subcampión galego no Campionato Sénior de Taekwondo, o cal se disputou en Ribeira. Todas e todos recibiron de mans da edil de Deportes un diploma, quen tamén animou aos asistentes a participar na I San Silvestre de Ordes o vindeiro 31 de decembro.
Tamén houbo mencións especiais para o traballo realizado por xente como Rubén Madueño ou Pablo e Pedro Vidal, en apoio tanto ao club como a moitos dos taekwondistas en particular.
Á hora de facela foto ata o mesmo Papá Noel quiso compartir o momento cos membros do Boudsport e asistentes ao acto, desexándolles un bo Nadal e facendo máis dunha gracia coa similitude cromática "dos seus uniformes de traballo".