spacer
O SNL da Mancomunidade de Ordes remata o curso básico de lingua galega

O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes (SNL) finalizou hoxe o curso de lingua galega nivel básico. Dende o pasado mes de outubro preto dunha decena de persoas participaron desta iniciativa formativa cunha duración total de 40 hora. Entre todas ellas houbo presenza de persoas de distintas nacionalidades, como brasileira, croata, venezolana, dominicana ou colombiana.