Árbores de Nadal decorados con traballos manuais
As rúas de Ordes locen unhas árbores de Nadal do máis creativas. Son as confeccionadas polo alumnado e membros das ANPAS dos colexios Campomaior, Castelao, O Mesón do Vento e o curso de habilidades sociais. Todas e todos eles realizaron traballos manuais que xa se poden contemplar nas rúas da vila de Ordes e no parque do Mesón do Vento.