Máis de 30 nenos e nenas participan nas actividades de concilicación de Nadal do Concello de Ordes
No día de hoxe deron comezo as actividades de conciliación que o Concello de Ordes ofrece durante as vacacións de Nadal. Máis de 30 nenos e nenas de distintas idades participan desta iniciativa na que a diversión, a festa, os xogos, o coñecemento e a creatividade danse a man. Todos isto nun ambiente lúdico e distendido na que a aprendizaxe e as relacións en grupo xogan un papel fundamental á hora de desenvolver as dinámicas. O Christmas Camp está organizado conxuntamente coa escola ConTalento e conta coa colaboración da Deputación da Coruña para a súa posta en marcha.