spacer
II Trofeo Concello de Ordes de patinaxe artística

En total participaron preto de 300 patinadores dun total de 16 clubs
Ao longo de toda esta vindeira fin de semana o pavillón Castelao I acolleu o II Trofeo Concello de Ordes de patinaxe artística na modalidade de libre individual. Unha convocatoria na que participaron preto de 300 patinadores con idades entre os 3  e os 18 anos. 
     Na categoría absoluta Andrea García (Conxuro) proclamouse campioa, seguida de Sara Garda (Conxuro) e Irene Guillerme (Sarela). Na de cadetes masculinos o primeiro clasificado foi Brais Becerra (Omega), mentres que no caso das rapazas Clara Amado (Conxuro), Icía Vázquez (Sarela) e Diana Iglesias (Galia) ocuparon o podio. Aldara Couce (Sarela), Sara Prado (Oroso) e Irene Santos (Liceo) foron as mellores alevíns, mentres que Inés Peña (Sarela), Irene Enríquez (Omega) e Alicia Lariño (Omega) alzáronse coas copas na categoría benxemín. Por último Alejandro Redondo (Liceo), Antía Vizcaya (Sarela), Miriam Villaverde (Omega) e Miriam Pose (Liceo) acadaron as mellores puntuacións no apartado infantil.
     Nesta edición contouse coa participación dos seguintes clubs: C.P. Anca (Lugo), C.P. Axel Arteixo, C.P. Brincadeira (A Coruña), C.P. Patiart Coristanco, C.P. Costa da Morte (Cee), C.P. Conxuro de Laracha, Escolas Lubiáns (Carballo), A.A. Dominicos (A Coruña), C.P. Fervello (Meicende), C.P. Inercia (Ferrol), A.D. Liceo (A Coruña), C.P. Omega (Ames), C.P. Oroso (Sigüeiro), C.P. Sarela (Ames), C.P. Velúa (Malpica) e C.P. Galia (Ordes). En total serán preto de 300 patinadores e patinadoras chegados das provincias de Lugo e A Coruña, . 
     Para a celebración desta competición a organización, o Club Patinaxe Galia, conta coa colaboración do Concello de Ordes e co da Xunta de Galicia, ademais dunha gran cantidade de establecementos e comercios locais de todo tipo.
 

II Trofeo Concello de Ordes de patinaxe artística