Manuel Rivas visita Ordes da man do IES Maruxa Mallo
O escritor Manuel Rivas ofreceu esta mañá unha charla aos alumnos e alumnas do IES Maruxa Mallo. O acto tivo lugar no auditorio da casa da cultura e rexistrou un cheo case absoluto. A iniciativa foi levada a cabo polo Departamento de Lingua Galega do instituto. Un xeito de que o alumnado poida falar e ter un contacto directo con autoras e autores contemporáneos de sobrada referencia no panorama non só literario, senón tamén xornalístico ou cinematográfico. Entre outros temas Manuel Rivas falou da súa última obra ‘Madonna e outros contos de inverno’.
