O Jogafán Ordes F.S. organiza o Campus de Nadal 2026-2027 coa colaboración do Concello de Ordes
Terá lugar no Pavillón Castelao II entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro e está dirixido a nenos e nenas de 5 a 16 anos
O club Jogafán Ordes F.S. pon en marcha unha nova edición do Campus de Nadal. Unha iniciativa dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 16 anos que conta coa colaboración do Concello de Ordes e na que se mestura deporte e lecer.
Desenvolverase no Pavillón Castelao II en horario de mañá (de 9 a 14 horas), durante os días 22, 23, 24, 28, 29, 30 e 31 de decembro de 2026, así como o 4 e o 5 de xaneiro de 2027. Ao longo destas xornadas ofrecerase unha programación variada para fomentar a actividade física e a convivencia a través do deporte. Incluirá exercicios técnico-tácticos de fútbol sala, ademais de xogos e a práctica doutros deportes. As persoas interesadas en obter máis información ou formalizar a súa inscrición poden contactar a través do teléfono 608 451 723 (Álvaro).
Con esta proposta búscase ofrecer unha alternativa saudable e dinámica para a mocidade durante o período non lectivo, á par que se facilita a conciliación familiar nas datas de Nadal.