Numeroso público non deixou pasar por alto a presentación dos libros Na boca do forno (El arte de la empanada gallega) e Amasando Galicia sin gluten, da divulgadora culinaria Mónica Prego. A cita tivo lugar na Biblioteca Municipal de Ordes o pasado venres, 20 de novembro. Acompañando á autora estiveron tamén o escritor e profesor Moncho Vilar e a nutricionista Cris Alonso. 

No acto todas as persoas asistentes tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man os detalles de ambas as dúas publicacións, centradas no mundo da gastronomía e da elaboración culinaria, con especial atención á tradición gastronómica galega e á cociña sen glute.
 

Mónica Prego presenta en Ordes as súas propostas de cociña tradicional e sen glute