O Concello de Ordes informa de que a Policía Nacional, a través do seu equipo móbil de documentación, realizará diferentes desprazamentos ao municipio durante o primeiro semestre de 2027 para facilitar á veciñanza a expedición do Documento Nacional de Identidade (DNI) e do pasaporte.

Este servizo permite realizar os trámites de documentación sen necesidade de desprazarse a outras localidades.

Datas previstas para 2027

  • Xaneiro: 11 e 25.
  • Febreiro: 1 e 15.
  • Marzo: 1 e 15.
  • Abril: 5 e 19.
  • Maio: 3 e 24.
  • Xuño: 7 e 21.

Horario e capacidade de atención

O horario de atención ao público será de 9:00 a 13:00 horas, cun máximo de 40 solicitudes por xornada.

Inscrición previa

As persoas interesadas deberán realizar a súa inscrición no Concello de Ordes, onde se organizarán as citas correspondentes ás diferentes xornadas.

Para formalizar a inscrición solicitaranse os seguintes datos:

  • Nome e apelidos.
  • Número do DNI.
  • Teléfono de contacto.

Novo equipamento móbil de documentación

A Policía Nacional incorpora o novo sistema VIDOC (Vehículo Integral de Documentación), que permite a expedición do DNI e do pasaporte mediante unha única unidade de documentación.

Este sistema tamén permite realizar actuacións relacionadas coa actualización das claves nos postos de actualización de documentación (PAD).

Para máis información e inscricións, as persoas interesadas poden dirixirse ao Concello de Ordes.

As datas previstas poderán sufrir modificacións, que serán comunicadas coa debida antelación.