A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, convoca as persoas interesadas na reestruturación parcelaria de San Xulián de Poulo (Ordes) a unha reunión informativa na que se iniciará a Enquisa de Bases.

A asistencia das persoas propietarias considérase fundamental para coñecer o procedemento e recibir información sobre as parcelas afectadas.

Data, hora e lugar

  • Data: mércores, 25 de novembro de 2026.
  • Hora: 10:00 horas.
  • Lugar: auditorio da Casa da Cultura de Ordes, rúa Galicia, 25.

Información da reunión

Durante a reunión desenvolveranse as seguintes actuacións:

  • Entrega dun documento resumo cos datos das parcelas de cada persoa propietaria.
  • Explicación do modelo de alegacións e do procedemento para a súa presentación.
  • Información sobre o calendario de atención presencial para resolver dúbidas.

Documentación necesaria: as persoas propietarias deberán presentar o DNI. No caso de acudir unha persoa autorizada, será necesario achegar a autorización asinada e unha copia do DNI da persoa propietaria.

Prazo para presentar alegacións

O prazo estará aberto do 26 de novembro ao 25 de decembro de 2026, ambos incluídos.

As alegacións presentaranse por escrito no Rexistro da Xunta de Galicia ou mediante calquera dos medios previstos na normativa vixente, dirixidas ao Servizo de Infraestruturas Agrarias da Coruña.

Consulta de planos e documentación

A partir do 26 de novembro poderase consultar a documentación nos seguintes lugares:

  • Local social de Senra (Poulo), habilitado polo Concello.
  • Servizo de Infraestruturas Agrarias da Coruña.
  • Web da Consellería do Medio Rural, na sección de publicacións.

Consultar a documentación na web da Xunta de Galicia

Máis información

Para resolver dúbidas, as persoas interesadas poden contactar co Servizo de Infraestruturas Agrarias da Coruña:

  • Teléfonos: 981 184 625 / 981 184 634.
  • Correo electrónico: infraestruturasagrarias.mr@xunta.gal (indicando «ZCP Poulo»).

Ademais, habilitarase atención presencial no local social de Senra (Poulo), segundo o calendario que se facilitará na reunión.

O aviso oficial adxunto recolle toda a información relativa á convocatoria e ao procedemento.

Reestruturación parcelaria de San Xulián de Poulo: reunión informativa sobre a Enquisa de Bases