O local social de Parada acolle este sábado o espectáculo Monólogos 3 en 1. A aventura continúa
Dará comezo ás 19.30 horas e a entrada será de balde
O humor volverá ser protagonista esta fin de semana na parroquia de Parada. Este vindeiro sábado, 21 de novembro, o local social situado na dita parroquia acollerá a representación de Monólogos 3 en 1. A aventura continúa. Javier Silva, Mari Osorio e Pablo Alvite protagonizan este proxecto, desenvolvido pola compañía Debullando Teatro.
A cita dará comezo ás 19.30 horas e o acceso será totalmente gratuíto para todo o público interesado ata completar a capacidade do espazo. Este evento está organizado pola Asociación de Veciños Río Lengüelle-Parada e conta co apoio do Concello de Ordes e co da Deputación da Coruña, dentro da súa programación Rede Cultural.