O Torneo de Nadal da Escola de Xadrez de Ordes terá lugar o próximo 12 de decembro
A participación está aberta a toda a veciñanza afeccionada.
O Torneo de Nadal da Escola de Xadrez de Ordes terá lugar no Centro Sociocomunitario Isabel Zendal o sábado 12 de decembro a partir das 10 horas.
O campionato está aberto a toda a veciñanza afeccionada a este deporte, independentemente do seu nivel. Trátase dunha actividade totalmente gratuíta na que non é preciso estar federado para poder competir. Ao remate das partidas, a organización entregará trofeos aos mellores clasificados de cada categoría, ademais dun recordo conmemorativo.
As persoas interesadas en participar xa poden formalizar a súa inscrición enviando un correo electrónico a xadrezordes@gmail.com ou chamando ao teléfono 620 082 859.
Impulsado pola Escola de Xadrez de Ordes, este evento conta coa colaboración do Concello de Ordes.