Terá lugar o domingo 20 de decembro, xornada na que están confirmadas as actuacións do grupo Tania Veiras e de Cumbia Pop

O Concello de Ordes organiza unha saída á discoteca La Luna para o próximo domingo 20 de decembro. Unha proposta de ocio que contará coa actuación musical do grupo Tania Veiras e Cumbia Pop. Deste xeito as persoas participantes poderán gozar dunha tarde-noite de música e diversión.

A saída de autobuses terá lugar ás 17 horas desde a rúa Entreparques. O regreso está previsto aproximadamente á medianoite. O prezo da actividade é de 10 euros por persoa. As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición antes do 16 de decembro no departamento de Cultura do Concello de Ordes, situado na primeira planta do edificio consistorial.

O Concello organiza unha saída á discoteca La Luna