Responsables do programa En familia estarán no Centro Isabel Zendal o venres 20 de novembro a partir das 19 horas

 Centro Sociocomunitario Isabel Zendal (Rúa Campomaior, s/n - Ordes) acollerá o venres 20 de novembro, de 19 a 20.30 h, unha charla informativa organizada polo programa de acollemento familiar En familia. A convocatoria ten como principal obxectivo orientar, sensibilizar e dar a coñecer á cidadanía o sistema de protección de nenas, nenos e adolescentes en Galicia. Tamén se quere dar visibilidade á necesidade de atopar fogares dispostos a ofrecer un contorno seguro, acolledor e protector no que os menores se sintan queridos, vistos e escoitados.

A sesión contará con intervencións clave para comprender o funcionamento e a realidade do acollemento na comunidade galega. Ademais de explicar as principais liñas de actuación e o desenvolvemento do acollemento familiar, tamén está previsto informar sobre a situación actual e as experiencias dos nenos, nenas e adolescentes baixo o sistema de protección.

O evento conta coa colaboración do Concello de Ordes, a Xunta de Galicia, a Mancomunidade de Ordes e a A.C. Camiño Real de Poulo.

Máis información: www.enfamilia.gal

Charla sobre acollemento familiar