Ofrecerá o seu espectáculo musical e de narración o vindeiro venres.

A Biblioteca Municipal de Ordes organiza para este próximo venres, 30 de outubro, unha nova sesión das súas Tardes de Contos e Lendas. O evento terá lugar ás 18 horas. 

     Nesta ocasión, o protagonista será o coñecido artista Paco Cerdeira (Pakolas), quen achegará ás crianzas o seu espectáculo musical e de narración oral Ramona Órbita, a dona do tempo. Unha proposta lúdica e cultural pensada para o público infantil de 4 a 7 anos, co obxectivo de fomentar a lectura e a imaxinación a través da música e dos contos. 

     A capacidade para poder desfrutar desta actividade está limitada a 30 persoas, polo que é preciso realizar inscrición previa. Pódese tramitar presencialmente na mesma biblioteca, ou ben chamando ao teléfono 981 681 992. 

     Tardes de Contos e Lendas forma parte do programa Ler conta moito, levado a cabo pola Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas Públicas. O seu principal obxectivo é animar e dinamizar a lectura entre a cidadanía

Pakolas será o novo convidado da Biblioteca Municipal de Ordes para as súas Tardes de Contos e Lendas