O auditorio da Casa da Cultura de Ordes rexistrou un éxito rotundo de asistencia, colgando o cartel de cheo absoluto coa actuación do Mago Teto. A cita, que tivo lugar o pasado venres, estaba enmarcada no programa Outono Cultural 2026. Un numerosísimo público familiar non quixo perder o espectáculo GaleRock´N´Magic. 

Galardoado co Premio do Público no Festaclown 2025, o show combinou maxia, humor e rock galego en directo. Sobre o escenario tamén estiveron, ademais de Héctor Guerra (O Mago Teto), os músicos Ramón Orencio e Fernando Risco. Grandes e pequenos gozaron dunha viaxe pola historia sonora de Galicia que incluíu desde bandas actuais ata temas icónicos de Siniestro Total, Los Suaves etc, pasando tamén polo Xabarín Club.    
 

O Mago Teto enche a Casa da Cultura co espectáculo GaleRock´N´Magic