O público poderá desfrutar do seu espectáculo GaleRock´N´Magic, no que se mestura ilusionismo, humor e música en directo 

Dentro do programa Outono Cultural 2026, organizado polo Concello de Ordes, mañá venres actuará o Mago Teto co seu espectáculo GaleRock´N´Magic. Unha cita posta para as 20 horas no auditorio da Casa da Cultura e dirixida a un público familiar a partir dos 6 anos. A entrada será de balde ata completar a capacidade.

     GaleRock´N´Magic concíbese como unha proposta na que se combinan a ilusión, o humor e o rock galego en directo. Unha homenaxe e unha viaxe pola historia sonora de Galicia na que non faltarán bandas actuais, outras tan icónicas como Siniestro Total ou Los Suaves, así como os temas máis soados do Xabarín Club. Os trucos de maxia e as grandes ilusións funcionarán como o fío condutor para cada interpretación. 

    Nesta ocasión o Mago Teto (Héctor Guerra) comparte escenario cos músicos Ramón Orencio (guitarra) e Fernando Risco (batería).  GaleRock´N´Magic foi galardoado co Premio do Público no Festaclown 2025. 
 

O Mago Teto actuará mañá en Ordes dentro do programa Outono Cultural 2026