O Concello de Ordes contrata unha persoa moza inscrita como beneficiaria do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) durante 9 meses a xornada completa, para prestar apoio aos servizos da biblioteca municipal.

Esta contratación ten como finalidade proporcionarlle experiencia e práctica profesional á persoa contratada, mellorando a súa empregabilidade e facilitando a súa inserción no mercado laboral.

A actuación permite reforzar os servizos da biblioteca municipal e a aposta do Concello pola cultura e o lecer, contribuíndo á mellora da calidade dos servizos e potenciando os hábitos de lectura entre a cidadanía.

Para desenvolver esta iniciativa, o Concello de Ordes foi beneficiario dunha subvención outorgada pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia, ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2026.

Trátase dun programa de emprego cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo Plus (FSE+ Galicia), no período 2021-2027, de colaboración con entidades locais e organismos intermedios sen ánimo de lucro, dirixido a mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.