O Concello de Ordes pon en marcha unha nova edición do Ordes de Tapas, que se celebrará os días 20 e 21 de novembro baixo o lema «Saborea o outono».

Esta iniciativa busca dinamizar a hostalaría local, promover a creatividade gastronómica e convidar á veciñanza a descubrir os sabores e propostas dos establecementos de Ordes.

Desde o Concello animamos a todos os establecementos hostaleiros a participar nesta nova edición, na que as tapas terán un prezo de 2 euros.

Como participar?

Os establecementos interesados deberán enviar un correo electrónico a info@ordes.gal indicando os seguintes datos:

  • Nome do establecemento.
  • Nome da tapa.
  • Descrición da tapa.
  • Horario no que estará dispoñible.

Prazo de inscrición: ata o 10 de novembro de 2026.

Máis información

Teléfono: 981 680 002 (extensión 4).

O Concello de Ordes convida á hostalaría local a sumarse a esta cita gastronómica para encher a vila de sabor, creatividade e bo ambiente.

Este outono, saborea Ordes!

Ordes de Tapas 2026: aberta a inscrición para os establecementos hostaleiros