O Concello de Ordes abre hoxe, 19 de outubro, o período de votación popular do concurso fotográfico «CAPTURA ORDES», unha iniciativa coa que se busca seleccionar a mellor imaxe do municipio para protagonizar o calendario oficial de 2027.

Unha vez rematada a fase de presentación de fotografías, chega o momento de que a veciñanza participe na elección da imaxe gañadora, valorando as fotografías presentadas ao certame.

Prazo de votación

A votación estará aberta do 19 de outubro ao 2 de novembro de 2026, ambos incluídos.

Como participar na votación?

O sistema de votación é moi sinxelo. As persoas participantes deberán acceder ao formulario habilitado e puntuar cada unha das fotografías cunha valoración do 1 ao 10, segundo as súas preferencias.

  • 1 punto: puntuación mínima.
  • 10 puntos: puntuación máxima.

Deste xeito, todas as fotografías poderán recibir unha valoración por parte das persoas que participen na votación popular.

ACCEDER Á VOTACIÓN

A fotografía gañadora

A fotografía que obteña a mellor puntuación será proclamada gañadora do concurso «CAPTURA ORDES» e converterase na imaxe principal do calendario oficial 2027 do Concello de Ordes.

Desde o Concello de Ordes animamos a toda a veciñanza a participar nesta votación popular e a contribuír á elección da imaxe que representará o noso municipio no calendario do próximo ano.

VOTACIÓN CAPTURA ORDES