OUTONO CULTURAL ORDES 2026 | XAMPATITO PATO – “COMPAÑA”
O venres 16 de outubro, ás 20:00 horas, a Casa da Cultura de Ordes acollerá o espectáculo “Compaña”, da compañía Xampatito Pato, unha proposta de malabares, circo e monicreques dirixida a público a partir de 6 anos.
Un personaxe solitario que busca compañía dá renda solta á súa imaxinación para transformar os seus pensamentos nun universo cheo de sorpresas.
A través dunha orixinal combinación de circo e monicreques, este espectáculo sen palabras mergúllanos nun mundo surrealista e cheo de humor, onde a creatividade e o enxeño fan posible que a soidade se transforme nunha aventura compartida.
Un espectáculo sorprendente, orixinal e moi divertido para gozar en familia dentro da programación do Outono Cultural de Ordes 2026.