Novas zonas con conexións móbiles máis rápidas e mellor cobertura en Ordes cos novos despregamentos 4G e 5G.
As operadoras de telefonía móbil Telefónica, Vodafone e Orange anunciaron que durante as próximas semanas levarán a cabo en Ordes novos procesos de implantación dos servizos de telefonía móbil de nova xeración, 4G e 5G, sobre as bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente.
Este despregamento permitirá desfrutar de conexións móbiles de alta velocidade, cunha mellor cobertura no interior dos edificios e cunha maior extensión xeográfica do servizo.
Para garantir a compatibilidade destas novas tecnoloxías coa Televisión Dixital Terrestre (TDT), Llega700 é a entidade posta en marcha polos operadores para solucionar calquera posible afectación na recepción do sinal de televisión.
O proceso de implantación estase realizando de maneira paulatina en todo o territorio nacional. As localidades nas que estes servizos xa están activos poden consultarse a través da páxina web de Llega700.
O despregamento enmárcase no establecido no Real Decreto 579/2019, do 11 de outubro, a partir do cal se procedeu á liberación das frecuencias comprendidas entre os 694 e os 790 MHz, correspondentes aos canais 49 ao 60 de UHF, que ata ese momento se empregaban para a recepción da Televisión Dixital Terrestre.
Este proceso, coñecido como Segundo Dividendo Dixital, permitiu posteriormente asignar estas frecuencias ás operadoras de telefonía móbil para a prestación de servizos móbiles de nova xeración.
Principais vantaxes: máis e mellor cobertura
A nova rede móbil abre a porta a novos servizos e aplicacións e proporciona importantes melloras tanto na velocidade de descarga como no envío de datos, facilitando o acceso a fotografías, música, contidos audiovisuais de alta definición e aplicacións en liña, entre outros servizos.
A telefonía móbil de nova xeración introduce dúas melloras especialmente relevantes. Por unha banda, permite afrontar con maior eficacia os problemas de cobertura en zonas cunha orografía complexa. Por outra, ofrece unha maior capacidade de penetración do sinal no interior dos edificios.
A nova xeración de redes móbiles tamén facilita a implantación de novos servizos no ámbito empresarial e das administracións públicas, como aplicacións profesionais en mobilidade con alto contido multimedia ou o uso de videoconferencias e videochamadas.
Ademais, a maior cobertura acadada mediante o despregamento nas bandas de 700 e 800 MHz permitirá mellorar o servizo no interior dos edificios e estender xeograficamente a cobertura dunha maneira máis eficiente.
Compatibilidade entre a nova rede móbil e a TDT
Llega700 é a entidade xestora encargada de ofrecer os servizos necesarios para garantir a compatibilidade entre a posta en marcha das emisións móbiles 4G e 5G nas bandas de 800 e 700 MHz, respectivamente, e a correcta recepción da TDT.
Para garantir esta compatibilidade, Llega700 pon á disposición da cidadanía unha serie de servizos gratuítos, entre eles un procedemento correctivo posterior á activación das estacións de telefonía móbil.
Deste xeito, no caso de que algún fogar detecte problemas na recepción da televisión relacionados coa posta en marcha destes novos servizos, Llega700 encargarase de atender as persoas afectadas, xestionar a incidencia e resolver as posibles afectacións sen custo ningún para a cidadanía.
Para solicitar información ou comunicar unha posible incidencia, Llega700 dispón do teléfono gratuíto de atención 900 833 999 e da páxina web www.llega700.es.