O Concello de Ordes informa de que do 1 ao 15 de abril de 2026 estará aberto o prazo para a presentación de solicitudes de novo ingreso nas escolas infantís municipais para o curso 2026/2027.

Escolas infantís municipais:

  • EIM “Sorrisos” De 7:00 a 21:00 h.

  • EIM “Herminio Rial” De 8:00 a 16:00 h.

Recoméndase presentar a documentación dentro do prazo establecido para garantir a tramitación correcta da solicitude.

Non perdas nada do que pasa en Ordes, segue as nosas redes en Facebook e Instagram.

ABRE O PRAZO DE SOLICITUDES NAS ESCOLAS INFANTÍS