Ofértanse cursos e obradoiros de smartphones e tabletas, decoración de Pascua, agricultura ecolóxica, cestería e poda

O Concello de Ordes vén de abrir o prazo para o seu Circuíto Cultural. Este ano o 4 de febreiro é a data límite para poder apuntarse nalgún dos cinco cursos e obradoiros que se ofertan. 

     O curso de smartphones e tabletas (11 horas) terá lugar os venres de febreiro a abril na Casa da Cultura cun horario que irá de 18 a 19 horas. O seu prezo é de 27,50 euros (19,25 € para persoas con discapacidade ou maiores de 65 anos). As demais formacións impartiranse no Centro Sociocomunitario Isabel Zendal. O obradoiro de decoración de Pascua (8 horas) será os martes 10, 17 e 24 de marzo dende as 17 ás 19.45 horas, cun prezo establecido de 20 € (14 € discapacidade/maiores 65). O material necesario para a elaboración de cestas, coroas ou ramos correrá a cargo do alumnado. O curso de agricultura ecolóxica (9 horas) está posto para os martes 7, 14 e 21 de abril dende as 16.30 ata as 19.30 horas, cun prezo de 22,50 € (15,75 € discapacidade/maiores 65). As datas para o de cestería (12 horas) será os sábados comprendidos entre o 9 e o 30 de maio, dende as 16.30 ata as 19 horas (material 7 €) e cunha tarifa de 30 € (21 € discapacidade/maiores 65). Por último, os martes 26 de maio e 9 de xuño vai ter lugar o obradoiro de poda verde (6 horas), tras o pago previo de 15 € (10,5 € discapacidade/maiores 65). Ás familias numerosas aplicaráselles un desconto do 50% na tarifa xeral.

No momento da súa entrega no Rexistro municipal haberá que achegar unha copia do DNI e o certificado de titularidade bancaria.

Aberto o prazo para o Circuíto Cultural 2026