Andaina PSM presenta o seu receitario solidario
Andaina PSM escolleu a Biblioteca Municipal de Ordes para a presentación oficial do seu último proxecto. Trátase do receitario solidario Cociña con Andaina, unha publicación realizada co gallo do seu XV aniversario celebrado este ano. Nel figura unha ampla recompilación das receitas elaboradas nos seus obradoiros de cociña, os cales forman parte do programa de actividades que se desenvolven nos centros situados en Ordes e Dodro. Susana García, concelleira de Política Social do Concello de Ordes, non quixo perder a ocasión de participar nesta presentación, momento que tamén aproveitou para felicitar o Nadal a todas as persoas presentes.
Cociña con Andaina está á venda nos establecementos colaboradores espallados pola vila de Ordes, así coma a través do teléfono 613 071 703