Preto dunha trintena de participantes asistiron esta fin de semana ao Torneo Xadrez Ordes, no centro sociocomunitario Isabel Zendal. Unha cita organizada pola Escola de Xadrez de Ordes en colaboración co Concello de Ordes, que perseguía a promoción e o fomento deste deporte entre as persoas residentes na comarca.

Agustín Rodríguez Iglesias, do Club Xadrez Ordes, foi o primeiro clasificado deste campionato ao non ser derrotado en ningunha das 7 partidas que disputou. Ademais, o seu alto nivel de xogo lévao a ser un dos nomeados ao mellor deportista ordense na V Gala do Deporte que se celebrará o vindeiro 23 de decembro. Como subcampión do torneo posicionouse Simón Blanco Cela (cat Sub-14), tamén integrante do Club Xadrez Ordes. Outros dos nomes propios a sinalar son os de Hugo Fandiño Candal (cat Sub-18), David Castro Pena (cat Sub-16), Mateo Carrillo Rey (cat Sub-12), Julio Vázquez Liste (cat Sub-10), Daniela Carrillo Rey e Uxía Mosquera Candal (cat Sub-8), esta última tamén nomeada aos premios da V Gala do Deporte.

Agustín Rodríguez e Simón  Blanco, vencedores  do Torneo Xadrez Ordes