Remata o curso de fitosanitarios impartido en Ordes
Esta fin de semana rematou o curso teórico-práctico de aplicación de produtos fitosanitarios que se desenvolveu en Ordes ao longo de 4 xornadas dende o pasado mes de novembro no centro sociocomunitario Isabel Zendal.
Foron un total de 25 horas de formación, cuxa asistencia posibilítalle á trintena de persoas participantes poder presentarse ás probas para obter o carné homologado pola Xunta de Galicia. Estas van ter lugar o vindeiro venres, día 19, no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo.