Haberá recollida de alimentos para Cáritas, ademais de churros e chocolate de balde para os corredores/as.

O Concello de Ordes xa ten aberta a inscrición para participar na VIII San Silvestre, a cal terá lugar o 31 de decembro. As persoas interesadas en participar poden apuntarse de balde na páxina web www.carreirasgalegas.com.

O trazado do percorrido para este ano é de 3,9 quiómetros. A saída, como en edicións anteriores, será dende a rúa Entre Parques ás 12 horas. Ademais do carácter festivo e deportivo propio da cita tamén sobresae o enfoque solidario que se lle quere dar dende o Concello de Ordes, aproveintándoa para recoller alimentos non perecedoiros destinados a Cáritas. Todas as persoas participantes poderán degustar de balde churros con chocolate. A recollida de dorsais farase 30 minutos antes do inicio da carreira.

Un ano máis a Federación Galega de Atletismo participa nesta iniciativa.

Aberta a inscrición para a VIII San Silvestre