Abre o prazo para apuntarse nas actividades culturais e deportivas
Ata o día 23 deste mes estará aberta a matrícula para poder asistir a clases de zumba, cociña, baloncesto, pilates, ioga, baile latino, memo-ria, ximnasia para maiores, poda e inxertos, smartphone ou arte floral
Dende hoxe e ata o 23 de setembro es-tará aberto o prazo de inscrición para as actividades anuais culturais e de-portivas que organiza o Concello de Ordes. As listaxes publicaranse o día 26.
Concretamente impartiranse clases de zumba, baloncesto (6-13 anos), ioga, pilates (Barbeiros, Parada, Pereira, O Mesón do Vento), baile latino (iniciación e avanzado), cociña (nenos/as e adultos/as) e memoria. As se-sións vanse levar a cabo no ximnasio Campomaior, no centro sociocultural Isabel Zendal e no primeiro andar da Praza de Abastos, nun horario que irá dende as 16 ata as 21 horas. Os prezos oscilan entre os 20 e os 10 €, go-zando de descontos as persoas maiores de 65 anos, as que padezan al-gunha discapacidade, así como as familias numerosas.
Ademais, está previsto un Obradoiro de poda e inxertos (12 horas) os martes 7, 14, 21 e 28 de outubro de 16.15 a 19.15 horas. As clases imparti-ranse na Casa da Cultura. O seu prezo é de 30 €, 21 euros para maiores de 65 anos ou persoas con discapacidade e 15 € para as familias numero-sas.
Tamén se convoca un curso de smartphones e tabletas con acceso a internet (11 horas). As sesións están postas para os venres dende as 18 ata as 19 horas na Casa da Cultura. O prezo ascende a 27,5 €, 19,25 € pa-ra discapacitadas/os e maiores de 65. As familias numerosas terán un des-contó do 50%. Por útimo o curso de arte floral (15 horas) vai ter lugra os xoves 6, 13, 20 e 27 de novembro e 4 e 11 de novembro na Casa da Cultu-ra de 17 a 19.30 h. As tarifas son 37,5 €, 26,25 € para maiores de 65 e dis-capaitados/as. As familias numerosas terán que abonar 18,75 €.
Como é habitual os locais sociais e culturais das distintas parroquias situados no mapa municipal acollerán as clases de ximnasia para as persoas maiores. No Mesón do Vento as clases serán luns e mércores de 20.30 a 21.30 h, en Santa Cruz de Montaos os luns e mércores de 19 a 20 h, en Poulo os luns e mércores de 16 a 17 h, en Merelle os luns e mércores de 17.30 a 18.30 h, en Beán os martes e venres de 16 a 17 h, en Pereira os martes e xoves de 18.30 e 19.30 h, en Vilamaior os martes e venres de 17.15 a 18.15 h, en Buscás os martes e xoves de 19.40 a 20.45 h e en Barbeiros os martes e venres de 18.30 a 19.30 h. En todos os casos a taxa é de 12 € mensuais cunha matrícula de 20 €.
