A II Carreira Camiño Vía Verde celebrarase o día 28
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 24 de setembro
O próximo 28 de setembro vaise cele-brar a II Carreira Camiño Vía Verde entre as localidades de Ordes e Cerce-da. Unha competición de atletismo en ruta, incluída no calendario autonó-mico, que pesenta cinco probas diferentes. As persoas que queiran parti-cipar poden apuntarse ata o 24 de setembro de xeito gratuíto na páxina web www.carreirasgalegas.com.
A andaina de 6,2 km partirá ás 9.45 h da estación de Gorgullos (Tor-doia). A carreira de 11,5 km dará comezo ás 10.30 h dende a estación da Pontraga (Ordes). En ambos os casos os/as participantes disporán dun servicio de autobús ás 8.45 e 9.15 h respectivamente, que partirá dende a estación de Queixas-Londoño para trasladalos/as ata a liña de saída. As restantes carreiras están deseñadas para escolares cun percorrido de 2 e 3 km e 400 m. Todas elas sairán da estación de Queixas-Londoño (Cerce-da) ás 12, 12.20 e 12.35 h respectivamente.
A meta de todas as probas estará situada na antiga estación de Quei-xas-Londoño (Cerceda), punto onde tamén quedará habilitado un servizo de gardarroupa. A maiores o polideportivo Fernando González Laxe (Cerceda) abrirá as súas portas para poder facer uso das duchas e dos vestiarios.
A II Carreira Camiño Vía Verde está organizada pola Deputación da Co-ruña en colaboración coa Asociación de Concellos da Vía Verde Composte-la-Tambre-Lengüelle, do que forma parte o Concello de Ordes.
