INSTALACIÓN DE DISTRIBUCIÓN DE ENERXÍA ELÉCTRICA: LAT. 66KV CTO1 SIGÜEIRO-MESÓN DO VENTO. DISTANCIAS ANTIRREGULAMENTARIAS ENTRE AP.8-AP.96
- Expediente: IN407A 2022/229-1
- Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
- Denominación da instalación: LAT. 66kV CTO1 Sigüeiro-Mesón do Vento. Distancias antirregulamentarias entre AP.8-AP.96
- Concello: Ordes
As persoas propietarias dos predios que figuran na relación que se publica no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos, poderán achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación no DOG nº 172, de data 08/09/2025, do ACORDO do 14 de agosto de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública e a ocupación temporal dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Ordes (expediente IN407A 2022/229-1).
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello.
