Inscricións ata o 21 de maio en:

  1. https://eventos.emesports.es/inscripcion/xxviii-carreira-popular-concello-de-ordes-2025/inscripcion_datos/
  2. https://www.carreirasgalegas.com/events/xxviii-carreira-popular-concello-de-ordes/0dlB6pln

Recollida de dorsais: Ata 30 minutos antes de cada proba.

Poderán participar atletas de todas as idades. A proba englóbase no XI Circuíto de Carreiras da Deputación da Coruña. Os premios en metálico oscilan entre os 200 e os 75 euros

Na proba poderán participar corredores e corredoras federados e non federados. As categorías abranguen todas as idades, indo dende a baby (nados/as no ano 2021 e posteriores) ata a máster 4 (nados/as antes de 1965). Os percorridos son de 300 metros para as categorías baby e prebenxamín; 2.400 metros para as sub 14 e 16 ; 1.200 metros para as sub 10 e 12; e por último de 8.500 metros para as sub 18, 20 e 23, sénior e máster. O control técnico das probas estará a cargo do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.

Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados a partir da categoría sub 10 (homes e mulleres). Tamén para os primeiros postos conseguidos por atletas empadroados no municipio dentro da clasificación xeral (categorías sub 20 e 23, sénior e máster). O mesmo para o participante máis novo e o máis veterano que logre concluír a proba da súa categoría. Os premios en metálico serán de 200, 120 e 75 euros para os primeiros clasificados da proba xeral masculina e feminina. Por equipos serán 200, 150 e 100 euros.

A XVIII Carreira Popular Concello de Ordes forma parte do programa do XI Circuíto de Carreiras da Deputación da Coruña e nela, ademais do Concello de Ordes, tamén participa a Federación Galega de Atletismo. As distintas probas darán comezo ás 10 horas, establecéndose en 5 euros o prezo da inscrición, agás para as categorías escolares, que será de balde. Cómpre ter en conta que as categorías baby e prebenxamín non son federadas. 

O Concello pon á disposición  de todas as persoas participantes un servizo de duchas, ademais de avituallamento para todas as persoas que conclúan as probas. 

Entre as entidades que colaboran con esta cita deportiva figuran Jaime Castro, Seguros Reale, Nocilla, froitería  A Nova, Gadis, carnicería Enrique, Feiraco e excavacións Candal.  

Ordes celebrará a súa XXVIII Carreira Popular o próximo 25 de maio