Ordes vive o seu Sábado de piñata
A música da nosa vida e Afundimento do Titánic álzanse cos premios máis cuantiosos nas categorías de comparsas e carrozas respectivamente. En total entregáronse máis de 4.400 euros.
Esta fin de semana a vila de Ordes reviviu o espírito do Entroido coa celebración do Sábado de Piñata. Unha cita posta inicialmente para o 8 de marzo pero que tivo que ser aprazada debido ás condicións meteorolóxicas.
O programa previsto deu comezo ás 16:30 horas e aínda que por algún momento a chuvia era case máis unha realidade que unha ameaza, afortunadamente esta non se deixou ver. Sen dúbida unha situación que contribuíu grandemente para que a diversión, o humor e a cor se apoderasen das principais vías de Ordes e do Campo da Feira, lugar onde se desenvolveu o concurso de disfraces, que contou con 38 inscricións nas que participaron un total de 200 persoas aproximadamente. O obxectivo en todos os casos era o de conseguir algún dos cheques cos principais premios, que nesta edición acadaron os 4.405 € patrocinados na súa totalidade por Reale Seguros e Jaime Castro Asesoría-Seguros. Tamén hai que sinalar a colaboración da Deputación da Coruña.
A listaxe de gañadores/as quedou do seguinte xeito:
Categoría comparsa adulto
1ºPremio: A música da nosa vida (500 €).
2º Premio: Bufonada Real (300 €).
3º Premio: Fantasía asiática da ruliña (200 €).
Categoría comparsa infantil
1ºPremio: Carreira de Fórmula 1 (225 €).
2º Premio: Pequegranxa (175 €).
3º Premio: O patio da corentena (135 €).
Categoría carrozas
1ºPremio: Afundimento do Titánic (700 €).
2º Premio: Os bechos de Ordes (400 €).
Categoría adulto individual
1ºPremio: Xhi-Hada (170 €).
2º Premio: Furby Molón (120 €).
3º Premio: Krampus, a escura lenda do Nadal (90 €).
Categoría infantil individual
1ºPremio: A bruxa do conto (100 €).
2º Premio: Peluquería Antón (80 €).
3º Premio: Bicho malo (60 €).
Categoría Premio simpatía
Os sapoconchos (150 €).
Categoría Premio especial mellor comparsa municipal
A casa das cores (200 €).
Premios locais (accésits)
Polilegos Carralexos (150 €).
As xirafas do Camiño Inglés (140 €).
As aventuras de Mario Kart (130 €).
A Morocha (75 €).
O ruín (50 €).
Talleres Curmáns (50 €)
