A Banda de Ordes enche a Casa da Cultura co seu tradicional Concerto de Nadal, celebrado esta fin de semana

Cheo absoluto. A Banda de Música de Ordes congregou ao seu público máis fiel esta fin de semana para ofrecer o seu concerto de Nadal baixo o título Sons de cine. O auditorio da Casa da Cultura volveu a ser, unha vez máis, o lugar escollido para levar a cabo esta iniciativa artística.

Nesta ocasión fusionouse a música co cine, ofrecendo un recital no que se interpretaron pezas e bandas sonoras de películas como O príncipe de Exipto ou Aladdin, entre outras. Ademais, unha gran pantalla sobre o escenario serviu para a proxección de escenas e fragmentos destes títulos.

Ademais, as persoas asistentes tiveron a oportunidade de colaborar economicamente coa Asociación Integral de Rescate en Emerxencias (A.I.R.E.), ONG galega que dá resposta a aquelas necesidades de cooperación máis inmediatas e cercanas, ademais das orixinadas por desastres humanitarios no ámbito nacional e internacional. 

Baixo a dirección de Félix Rodríguez e organizado pola Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes, o Concerto de Nadal contou coa colaboración do Concello de Ordes e da Deputación da Coruña. 

Mestura de cine e música para animar o Nadal