Máis de 200 nenos e nenas participan na IV Gala Nadal de Patinaxe Artística
Tal e como se agardaba a IV Gala de Nadal de Patinaxe Artística foi todo un éxito no que se refire á asistencia de público e á execución dos exercicios e coreografías. Organizada polo Club Patinaxe Galia e o Concello de Ordes, o pavillón Castelao I volveu a ser este pasado venres lugar de encontro para veciños/as, amigos/as afeccionados/as e familiares da rapazada que formaba parte do espectáculo. En total foron máis de 200 patinadores e patinadoras procedentes dos colexios Castelao, Campomaior e O Mesón do Vento, así como do propio club Galia, os que encheron a pista do pavillón e puxeron de manifesto o bo nivel que hai en Ordes.