spacer
Xornadas de portas abertas na Escola Municipal  de Música de Ordes 

Nos vindeiros días poderase coñecer de primeira man o programa de estudos de percusión e as instalacións onde se imparten as clases.

O Concello de Ordes convida a todas as persoas interesadas a participar nas xornadas de portas abertas de percusión na Escola Municipal de Música, indistintamente da súa idade ou nivel de coñecementos. O luns 30 de decembro o horario irá dende as 16 horas ata as 18.30 horas e os venres 27 de decembro e 3 de xaneiro será de 16 a 19.30 horas. 

   Unha iniciativa levada a cabo polo departamento de Educación e que se desenvolve nesta época do ano aproveitando a dispoñobilidade das aulas ante a ausencia de alumnos e alumnas por mor das vacacións de Nadal. Neste curso a Escola Municipal de Música de Ordes ten matriculados máis de 165 alumnos e alumnas, que asisten tanto á clases teóricas como de distintos instrumentos. As súas instalacións sitúanse no Campo da Feira.