Atraccións, obradoiros creativos, xogos, inchables e o chocolate quente con rosca marcaron o inicio das vacacións de Nadal en Ordes. 

Centos de nenos e nenas empezaron as súas vacacións de Nadal do mellor xeito. Cunha gran festa organizada polo Concello de Ordes dentro do seu programa de Nadal. 

O lugar de encontro para todas e todos eles foi o pavillón Castelao I.  Á súa chegada xa lles agardaban atraccións, inchables, xogos, animacións, e talleres creativos entre outros. Toda a cativada aproveitou cada unha das actividades desfrutando a máis non poder deste primeiro día de celebración de Nadal. E xusto cando o cansancio asomaba e era necesario repoñer forzas, unha boa taza de chocolate quente con rosca axudounos a continuar un ratiño máis. Sen dúbida a de hoxe foi unha das xornadas máis lúdicas das moitas que lles agardan de cara aos vindeiros días.

Centos de nenos e nenas inician as festas de Nadal cunha gran festa infantil organizada polo Concello