O Jogafán FS vén de anunciar a celebración do seu Campus de Nadal. Está dirixido a todas aquelas persoas que queiran participar con idades entre os 6 e os 16 anos. Entre outras actividades e dinámicas realizaranse xercicios técnico-tácticos, a práctica doutros deportes diferentes do fútbol sala ou xogos.

As datas das sesións irán dende o 26 ata o 31 de decembro de 2022 e do 2 ao 5 de xaneiro de 2023. Para máis información pódese chamar ao teléfono 608 45 17 23.

Dita actividade conta coa colaboración do Concello de Ordes.