Sementes da Arte conmemora o seu 52 aniversario
A Casa da Cultura acolleu un espectáculo no que tamén participou a compañía madrileña Ibérica de Danza
Ordes, 23 de novembro de 2022. Esta fin de semana a Casa da Cultura acolleu un acto para conmemorar o 52 aniversario de Sementes da Arte, grupo folclórico pioneiro en Ordes fundado polo gran bailarín e coreógrafo Juanjo Linares.
Para unha data tan especial a organización do evento contou coa presenza da compañía Ibérica de Danza, que interpretou parte do seu espectáculo Hispania Tribal, co que a día de hoxe están a percorrer os escenarios de todo o país. Previamente os locais exerceron de abreconcertos para volver a compartir escenario novamente coa compañía madrileña ao final. O broche de ouro puxérono coa interpretación da Xota de Ordes. Entre o numeroso público que puido desfrutar desta cita estaba o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, acompañado de varios dos seus concelleiros.
Organizado por Sementes da Arte, este 52 aniversario contou co patrocinio e a colaboración do Concello de Ordes, a Deputación da Coruña, o Museo do Traxe e Ibérica de Danza.
Alcalde de Ordes