spacer
Mañás de diversión para a rapazada de Ordes

O Concello organiza dúas xornadas para que nenos e nenas poidan desfrutar con camas elásticas, rocódromos, karts

O Concello de Ordes ofrécelles aos nenos e nenas do municipio a oportunidade de gozar de dúas mañás cheas de emocións e diversión. 

Para isto desplazaranse ata o polígono de Costa Vella, en Santiago de Compostela, onde o xoves, día 23, visitarán o DiverTTPark para  conducir karts, lanzarse en tirolina, escalar polo rocódromo e moito máis. O prezo desta actividade ascende a 8,90 euros. Por outra banda o martes, 28 de decembro, poderán saltar nas camas elásticas do Diver Jump. O importe neste caso é de 8,80 euros. En ambos casos a saída do autobús será ás 10.30 horas dende o mesmo Concello, con regreso ás 13 horas. Os menores de 5 anos deberán ir acompañados dunha persoa adulta.

 As inscricións xa se poden realizar no mesmo departamento de Cultura, situado no primeiro andar do Concello.